inclusivo, -a

Que inclúe ou é capaz de incluír

Etimoloxía

Termo relacionado con “incluso” que está vinculado co latín inclusus.

Exemplos *

“A “cidade ideal para vivir”, aposta por construírse coma “espazos amables, seguros e inclusivos” e trata de asumir sempre “os deseños urbanos dende a perspectiva das persoas máis vulnerables e con menos recursos”.” (B.C.: Faro de Vigo, 11-4-2022)

“En palabras do concelleiro de Espazos Cidadáns, o obxectivo é "mellorar a calidade de vida da cidadanía" e crear unha cidade "accesible, saudable, inclusiva, segura e respectuosa co medio".” (Redacción: Galicia Confidencial, 18-1-2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.