Acción e efecto de penetrar noutro país con fins bélicos
Etimoloxía
Palabra culta que procede da latina incursio, -onis que significa ‘colisión’, ‘invasión’ ou ‘embate’.
Exemplos *
“A maioría dos membros dos nosos grupos de incursión estiveron como moito tres ou catro veces en Territorio Apache desde que fuxiron dos seus puntos seguros.” (Manuel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)
“Os piratas ignoraban a lenda do río Limia, o río do olvido, aquela tradición que protexía ós galaicos das incursións foráneas por temor de esquecelo todo con só atravesalo.” (Mª Xosé Queizán: Amantia, 1984)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.