índice

Lista ordenada que vai ao principio ou ao final dun libro, onde aparecen as materias que contén ou os nomes que se citan, con indicación do lugar onde se poden atopar dentro del.

Etimoloxía

Chega a nós desde o termo do latín index, -i que significaba 'aquilo que se indica ou sinala'.

Exemplos *

"Deixo de observarte e retorno ó índice do libro de arte que acabo de mercar." (Xosé Antonio Perozo: Martázul)

"Acompaña ó case de cento de artigos que conforma o libro un índice onomástico final, que inclúe máis de 400 nomes proprios de moi diferentes ámbitos artísticos e culturais, se ben abundan entre eles, xaora, os literarios." (Tempos Novos 06-1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.