Sen editar / Nunca visto, descoñecido
Etimoloxía
Voz culta que bebe da latina inedĭtus ‘non publicado’.
Exemplos *
“Tamén falo dun posible manuscrito de Hemingway. Segundo me contou unha fonte anónima, puido ser o autor desa obra inédita. Nela contaba a relación amorosa que tivera cunha moza da miña vila.” (Xerardo AgraFoxo: Viaxe á última revolución, 2016)
“A colección que abrimos cos inéditos de Tati Mancebo, de Rafa Vilar, de Momán, é unha boa mostra do que queremos. Queremos ofrecer soportes para novos creadores e creadoras.” (Belén Puñal [entrevista]: Sermos Galiza, 12-6-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


