Calidade de infame / Acción ou palabra infame / Situación de quen perde a honra ou a reputación
Etimoloxía
Palabra culta que nos chega do latín infamia ‘mala reputación’.
Exemplos *
“Ó escoitar esta infamia contra o seu tío e señor, sir Galván esquece as normas da cabalería e disposto está a atacar ó horrendo coloso que arela perpetrar a vinganza contra o seu tío na súa persoa e mais na do seu escudeiro.” (Eva Moreda Rodríguez: Breogán de Guisamonde o Cabaleiro da Gaivota, 1997)
“Se lle contas a ese individuo quen es, o que es, o que sentes, o que fixeches, fará diso o que lle dea a gana, como eses dos que che falo. Dirán infamias sobre ti. Perderaste.” (María Reimóndez: Pirata, 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


