Período da vida humana que vai desde o nacemento ata a adolescencia
Etimoloxía
Palabra que se vincula coa latina infantia de significado semellante e que procede desta outra infans ‘neno ou nena’.
Exemplos *
“As estrelas brillaban nun ceo limpo que non contemplaba desde a miña infancia.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)
“Algúns clientes evitaban entrar cando estaba o policía por medo a que os fichase. O inspector era amigo da infancia do libreiro.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / O inspector Loureiro, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.