inflación

Situación ou fenómeno que consiste nunha suba xeneralizada e continua dos prezos provocada xeralmente polo aumento excesivo de capital e da moeda en circulación

Etimoloxía

Procede do latín inflactionem “acción de inflar”, aínda que entra desde o inglés inflaction.

Exemplos *

“Esta situación trouxo consigo unha importante inflación que provocou o debilitamento progresivo da moeda, chegándose a contabilizar arredor de catorce desvalorizacións na centuria comprendida entre os anos 1601 e 1700” (Ricardo Luis Pita Fernández: Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda, 1999)

“O que logo foi Albert Speer, arquitecto do Reich, cobraba semanalmente a súa paga por mor da inflación: "Unha cantidade fabulosa que a finais da mesma semana mudara en nada."” (Jaureguizar: Cabaret Volteire, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.