influenza

Doenza infecciosa das vías respiratorias que se manifesta por febre e tose, malestar, inflamación das mucosas respiratorias etc.

Etimoloxía

A orixe do vocábulo está no italiano influenza que significaba ‘doenza’ que remite, á súa vez, a un termo latino influentia a ‘crenza de que os astros inflúen na saúde’.

Exemplos *

“...e menos aínda que moitos deles non chegarán a destino, pois cando levaban cinco días navegando declarouse a bordo unha epidemia de influenza, e o amoreamento fíxose máis denso, máis triste, e rolou o balbor de que todo fora porque os ratos contaminaran a auga de beber.” (Xosé Neira Vilas: Galegos no Golfo de México, 1980)

“Un vaído, debo soportalo, non é nada, pouca cousa, todos tivemos gripe algunha vez, todos aturamos unha cruel influenza agatuñando o noso sangue.” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí