informadora, -or

Persoa que traballa nun medio de comunicación

Etimoloxía

Vocábulo que bebe do latín informātor, -ōris ‘o que instrúe’.

Exemplos *

“Esta xornalista foi galardoada polo seu labor como informadora radiofónica, na que destacou por defender os dereitos humanos do seu país e pola súa denuncia das violacións de mulleres, a utilización dos nenos soldados e a impunidade dos responsables do conflito.” (Redacción: Galicia Hoxe, 9-4-2009)

“Chegou Carlos Conde, acompañado pola fotógrafa María Candea (...). Nivardo Castro quedou moi favorablemente impresionado pola simpatía e a graza da informadora, pero non entendía por que estaba alí. Carlos Conde adiviñou as súas perplexidades e díxolle: –É a miña escolta...” (Carlos G. Reigosa: Narcos, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.