informática, -o

Especialista en informática

Etimoloxía

A orixe da palabra está no francés informatique de significado semellante.

Exemplos *

“Todos estamos moi sensibilizados (...). A informática Sil solicitou permiso para traballar toda a noite. Dixo que tiña unha sospeita do que estaba a ocorrer. Naturalmente, deille o permiso para ver se realmente atopa algo estraño ou todo resulta ser froito do noso colectivo cansazo estelar.” (Xosé Durán: O asasino invisible, 1998)

“Non abonda que estean implicados só os biólogos, os veterinarios ou os apicultores; precisamos matemáticos, informáticos, xeógrafos, economistas, etc. "que nos axuden, a través da investigación e da creatividade, a buscar solucións, canto menos de control.” (Manuel Rey: GCiencia. O portal da ciencia galega, 11-2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.