Bebida que se obtén facendo esa operación
Etimoloxía
Voz que procede da latina infusio ‘acción de verter’.
Exemplos *
“Aquel espazo abucinado xunto á xanela resultoulle encantador. Así, ela dispúxose a tomar unha infusión e o abade e o doutor un licor amarelo que chamaron de herbas, e Marina puido escoitar a conversación dos dous homes.” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2021)
“Sas coma buxos, á maioría nunca lle doera a cabeza, non tomaran o que é unha aspirina ou un piramidón, e, en caso de apuro, con infusións de romeu, xarios e ruda enfrontaban os males.” (Bieito Iglesias: Miss Ourense, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


