Primeira letra dunha palabra, capítulo etc., en particular, dun nome de persoa.
Etimoloxía
Procede do latín initialis, -e 'orixinal, primitivo', logo aplicado á letra.
Exemplos *
"Para o xuíz resulta acreditado que as contas eran del porque a entidade identificaba o cliente con iniciais, co seu nome e copia do D.N.I. (De Luns a Venres 17-01-2013)
"Os policías de paisano preguntando polo bisneto máis novo de Antonio, o que respondía ás iniciais de R.V." (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.