Dar comezo a algo que se expresa.
Etimoloxía
Derivado do latín initiare que significaba 'iniciar en' ou 'instruír'.
Exemplos *
"Ulises acaba de chegar ás oito en punto para iniciar a súa quenda de noite." (Manuel Portas: Denso recendo a salgado)
"Por fin, ao sentar a muller no leito e iniciar o ritual previo ao descanso, Nando coidou chegado o momento de comunicarlle as circunstancias nas que estaban." (Uxía Casal: Vidas exemplares)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


