iniciativa

Idea que fai posible o inicio de algo ou a súa realización

Etimoloxía

Voz que está relacionada co verbo “iniciar” que procede do verbo equivalente latino initiare.

Exemplos *

“Meu irmán está afeito a levar a iniciativa no traballo e iso agora está a levalo ó terreo persoal. Preferín calar, mais asegúrovos que me amolou moito o feito de que Daniel tomase unha decisión que tiña que tomar eu.” (Manuel Iglesias Turnes: Que non te aten, 2017)

“Eduardo Blanco Amor fundou con outros exiliados a loxa Asemblea de Buenos Aires, que impulsou a creación de novas editoriais e outras iniciativas culturais interesantes...” (Jorge Emilio Bóveda: As sete mortes de Leopoldo Pardo. Do caso que lle aconteceu, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.