inmanente

Que vai unido de forma inseparable á esencia dun ser ou dunha cousa, que non provén de ningún axente exterior e que non subsiste fóra do ámbito deste ser ou cousa.

Etimoloxía

Tomouse da forma do latín medieval immanes, -entis, formado a partir do verbo immanere, derivado de manere 'permanecer'.

Exemplos *

"Presentábano como un gurú de acceso difícil que impartía o seu maxisterio inmanente a través dos seus discípulos." (Antón Lopo: Ganga)

"… a astucia da Razón, dirixindo a Historia cara ao seu cumprimento, utiliza as paixóns humanas coa súa violencia inmanente." (Francisco Sampedro: A violencia excedente)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.