Acción e efecto de inmunizar
Etimoloxía
Voz derivada sobre “inmunizar” que, á súa vez, se relaciona con “inmune” que nos chega desde o latín immūnis ‘exento de cargos’.
Exemplos *
“A vacina considérase unha inmunización activa que consiste en introducir antíxenos atenuados que provocan a formación de anticorpos, induce a unha selección clonal de linfocitos T e B específicos e produce unha poboación de células con memoria.” (Ramón Varela Díaz: Bioloxía, 1999)
“Os países de menor desenvolvemento seguen tendo unha multitude de problemas sanitarios que poden preverse facilmente, por exemplo mediante a posta en marcha de programas de sanidade ambiental, de inmunizacións, etc.” (Francisco J. Peña Castiñeira: Manual de saúde ambiental, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


