inmunodeficiencia

Deficiencia da resposta de inmunidade humoral ou celular.

Etimoloxía

Nesta palabra combínanse os elementos de orixe latina inmuno ‘inmunidade’ e deficiencia, evolución de deficientia –ae, derivada do verbo deficere ‘carecer’.

Exemplos *

“Os infectados polo virus causante da Sida, o Virus de Inmunodeficiencia Humana (VIH) transmíteno con maior facilidade nos primeiros sesenta días …” (Ann Arbor: O Correo Galego 20-02-1995)

“As autoridades de saúde pública de Estados Unidos están alerta pola detección dunha suposta cepa nova do virus de inmunodeficiencia humana que resiste os tratamentos coñecidos e conduce a un desenvolvemento rápido da sida.” (Galicia Hoxe 19-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.