inmunólogo, -a

Especialista en inmunoloxía

Etimoloxía

Termo neolóxico híbrido que se crea sobre imnunitatem ‘inmunidade’ e o sufixo grego logo ‘especialista en’.

Exemplos *

“A inmunóloga salienta un recente estudo no que, após analizar perto de 40.000 familias, "concluíuse que o vector de contaxio non é o neno, senón que a transmisión se produce de adulto a neno"..” (Yuri Carrazoni: Nós Diario, 6-11-2021)

“Moitas destas vacinas están a basearse nos anticorpos neutralizantes. Os inmunólogos están a reclamar a importancia da resposta das células T para a protección, e aínda non pasou o tempo suficiente para ter unha idea clara de como funciona mellor o sistema de protección individual das persoas.” (Ana G. Liste: Praza, 17-8-2020)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.