innovación

Novidade que se introduce nun dominio determinado

Etimoloxía

Termo culto que chega do equivalente latino innovatio ‘renovación’.

Exemplos *

“Foron innovacións que se aplicarían na enxeñería fareira ó longo de todo o século XIX .” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“En coincidencia co auxe da industria galega está a producirse un notábel desenvolvemento dos centros de investigación, desenvolvemento e innovación.” (Camilo Nogueira Román: Galiza na unión. A porta Atlántica. 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.