inocentada

Broma ou engano que se lle fai a alguén, en particular o vinte e oito de decembro, día dos Santos Inocentes

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “inocente” que significa ‘sen culpa’ que bebe do latín innocens ‘inofensivo’.

Exemplos *

“Lémbrome tamén de moitas inocentadas que eu mesmo fabriquei nos primeiros anos da miña profesión, a maior parte delas relacionadas con fútbol.” (Albino Mallo: O Correo Galego, 28-12-2000)

“O vinte oito as inocentadas escorrentaban friaxes e rotina. Poñer bonecos de papel nas costas, atar latas ós rabos do cás e contar mentiras, sen que se decatasen delas, enveredaban a xolda do día.” (Xosé Estévez: A lagoa da memoria, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.