insolación

Trastorno ocasionado por estar demasiado tempo coa cabeza exposta ao sol, caracterizado por febres altas, convulsións etc., e que pode chegar a producir a morte

Etimoloxía

Vocábulo que chega desde o latín insolatio ‘acción de expoñer ao sol’.

Exemplos *

“Por iso lle dixo que non había ningún motivo razoable para aturar aquela calor, expoñéndose a unha insolación, cando o importante non era o lugar no que se estaba, senón estar ou non estar.” (Carlos Casares: Deus sentado nun sillón azul, 1997)

“O sol agostaba as plantas á beira dos camiños, e entre a preguiza que todo o enveleñaba só se movían os paxaros que caían no po mortos pola insolación e a sede.” (Xesús Manuel Marcos: Terra queimada / Carteiro, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.