Que non é capaz de durmir
Etimoloxía
Termo que se recolle do latín insomnis ‘desvelado’.
Exemplos *
“Losada pasou a noite insomne, dándolle voltas na cabeza ás decisións que tería que tomar ao día seguinte.” (Francisco Castro: O corazón da Branca de Neve, 2013)
“Xunto aos dous amantes morrera tamén abrasada unha parte da servidume, (...) . O triscar das lapas da descrición daquela historia ficaron por moitas noites nos ollos insomnes do neno Lourenço.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


