instancia

Escrito que se dirixe a unha autoridade para solicitar oficialmente algo e que se redacta seguindo certas fórmulas

Etimoloxía

Creación que bebe do equivalente latino, instantia que significa ‘proximidade', 'acción de instar' ou 'vehemencia’.

Exemplos *

“Como os Matalobos tiñan influencia no Concello da Coruña avisáronme de que había unhas prazas de gardas municipais interinos e eles mesmos me cubriron a instancia.” (Antón Riveiro Coello: As Rulas de Bakunin, 2001)

“Tiña ademais unha teima constante polos papeis. Impresos, instancias, certificados, todos teñen unha razón de ser _dicía_, razón que por algo eu non chegaba a entender.” (Camilo Franco: A lúa no cénit, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.