instituto

Centro público de ensinanza media, en particular de bacharelato

Etimoloxía

Palabra que vén desde o latín institutu participio de instituere ‘establecer’.

Exemplos *

“Pero de pronto sinto un grande alivio, porque descubro no medio daquela Babel aparvada o meu psiquiatra. Ollámonos con sorna entre aquelas máquinas terribles. E eu, indefectiblemente, lémbrome das clases de ximnasia do instituto Xelmírez.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / Ximnasia non, por favor, 2014)

“No curso 84-85, foran mozos. O primeiro dela, a primeira del. Comezaban BUP no Alfredo Brañas, o instituto que había.” (Santi Garrido: Contos de taberna / Follas do pasado, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.