Conxunto de coñecementos adquiridos, cultura xeral.
Etimoloxía
O seu étimo é o substantivo latino instructio, -onis, que contaba entre os seus significados co de 'acción de instruír'.
Exemplos *
"Mellor é deixalos coas súas prácticas de curación primitiva, a súa ignorancia sinxela que lles proporciona máis felicidade e lles trae menos problemas que a nós a instrución e o benestar social." (María Xosé Queizán: Anti natura)
"Un orador laiábase, en 1884, dos males producidos polo abuso da bebida, que atribuía á falla de instrución e á miseria." (Xavier Castro: Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia (séculos XIX e XX))
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.