Que posúe unha sólida formación intelectual, adquirida pola lectura ou a instrución
Etimoloxía
Termo formado a partir do participio pasado do verbo “instruír” que vén do latín instruĕre de significado semellante.
Exemplos *
“A Eliseo Pelán parecíalle ben que chovese. El era un home instruído, frecuente indagador nos dicionarios enciclopédicos, e sabía que a auga tiña a obriga moral de ocupar as dúas terceiras partes da superficie do planeta.” (Xurxo Sierra Veloso: Os ollos do rei de copas, 1994)
“Manuel Posse coñeceu e tratou a Manfred e sentiuse fascinado pola singularidade da súa obra. "Era unha persoa moi instruída e culta; ademais da pedra, tiña obra pictórica e fotográfica".” (Carme Vidal: Sermos Galiza, 28-9-2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


