Proporcionar os coñecementos necesarios a alguén para a súa educación / Adquirir os coñecementos necesarios para a educación
Etimoloxía
Vocábulo que chega desde o latino instruĕre ‘inserir’, ‘fornecer’ ou ‘instruír’.
Exemplos *
“...puido distinguir claramente os seus netos, (...) que corrían cara á cabana na que tantas veces lles contara historias, nun intento non completamente frutífero de os instruír nos saberes que se perderan coa guerra.” (Tomás González Ahola: Da fría e distante estrela polar, 2016)
“A miña proposta, como vostede xa suporá, consiste en que, alén de instruír musicalmente aos meus fillos, manteña, tamén, como traballo suplementar, unha vixía constante da súa educación.” (Manuel Forcadela: Paisaxe con muller e barco, 1990)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.