instrutor, -a

Que se encarga de instruír a outros

Etimoloxía

Palabra que bebe da latina instructor, -oris ‘preparador’.

Exemplos *

“Co instrutor que me dirixía, letras non aprendía, pero había de dar un caco tan mañoso coma o que me limpou cen euros da carteira hai uns días.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia / Memorias dun aprendiz de malandro, 2013)

“Alí tiñan que se presentar os homes de menos de corenta e dous anos para faceren instrución : cun fusil de pau desfilaban e aprendían, segundo os instrutores, arte militar; daba pena vé-los trabucándose nas medias voltas e perdendo o paso.” (Carlos Mella: Memorias dun ninguén, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.