intelecto

Facultade humana que permite pensar, entender e xulgar

Etimoloxía

Termo que bebe do latino intellectus .

Exemplos *

“Comprendo que a cultura é unha opción e non unha obriga. Sempre pensei que hai dúas posibles clases sociais: os que cultivan o intelecto lendo e os que non o fan. Non hai máis.” (Jorge Emilio Bóveda: As sete mortes de Leopoldo Pardo. Do caso que lle aconteceu, 2018)

“Outro tipo de beneficios do exercicio físico: o que ten para ó intelecto. (...). Facer exercicio nas persoas maiores é necesario “para previr a demencia e a enfermidade do alzhéimer”.” (Raquel Comesaña: GCiencia. 30-5-2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.