Persoa que realiza actividades que esixen un grande uso da intelixencia, ou que ten gusto por esas actividades
Etimoloxía
Palabra que procede do equivalente latino intellectuālis.
Exemplos *
“A intelectual ou a escritora que pode optar a ser académica nunca será o suficientemente vella (por unha vez que a idade nos podía beneficiar!) nin suficientemente formada (o currículo sempre incompleto), nin suficientemente acreditada, nin suficientemente ben situada nos ámbitos do poder.” (Inma López Silva: Chámame señora, pero trátame coma a un señor, 2018)
“Unha vez foi aberto polos «intelectuais» da Vila e dentro atoparon ósos, retrincos de lenzo, po e... carabuñas de cereixas para encher dúas cuncas.” (Daniel Rodríguez Rodríguez Castelao: Cousas (II), 1929)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.