intempestivo, -a

Que se fai ou ocorre nun momento que non convén

Etimoloxía

Palabra culta que procede do latín intempestivus que significa ‘pouco razoable’ ou ‘intempestivo’.

Exemplos *

“A súa linguaxe profundamente contemporánea, o seu xogo co idioma, o interese polo pouso filosófico, a procura de referentes na música e o diálogo constante con outras artes son algunhas das características da súa personalidade e creación intempestivas, que ocorreu cando non se esperaba.” (Montse Pena Presas: Intempestiva, 2021)

“Poucos guerreiros, mesmo os máis temerarios, ousarían cabalgar naquelas circunstancias. Narraban os contos populares que, nas noites intempestivas como aquela, na espesura do bosque, roldaba a sombra de Mallgor, o gran lobo mouro. As tebras envolvíano todo.” (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.