intención

Aquilo que un se propón facer ou ten a vontade de facer

Etimoloxía

Palabra culta que procede da latina intentio con significado semellante.

Exemplos *

“Caldas avisara o comisario Soto da súa intención de adiantar unhas horas a fin de semana.” (Domingo Villar: A praia dos afogados, 2009)

“Repetiunos unha e outra vez que facía isto moi ó seu pesar, pois a súa intención primeira fora chegar a Inglaterra dunha tirada.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.