interclasista

Que concirne a máis dunha clase social ou que relaciona ou comprende dúas ou máis clases sociais

Etimoloxía

Termo que se forma co prefixo culto “inter-“ ‘entre’ e o sufixo “-ista” ‘partidario’ que se lle engade ao substantivo "clase” que bebe do latín classis ‘conxunto de cidadáns romanos’.

Exemplos *

“Os xogadores saen ó palco a saudar, en plena histeria colectiva. Fran, Xosé Ramón, Stojadinovic, Yosu, Villa... dispóñense a recibi-lo ritual baño de masas. É unha tolemia xeral, interclasista, apolítica, interxeracional.” (Xesús Flores e Xosé Mejuto: Historia do Deportivo, 1993)

“Abrímonos paso cara á barra entre a morea de parroquianos, todos serios, todos mesturados, con esa gravidade interclasista que dan as complicidades.” (Vicente Araguas: A canción do verán, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.