internauta

Usuario e usuaria  de Internet

Etimoloxía

Adaptación do termo inglés internaut que é unha composición das palabras Internet e mais astronaut para reflectir o concepto ‘navegante por Internet’.

Exemplos *

“Internet, como sinala N. Carr, privilexia a conectividade sobre o fluxo lineal mediante o uso constante de links, cada vez máis breves, máis numerosos, que obrigan a desprazar constantemente a atención e a abandonar a trama narrativa, discursiva ou demostrativa, facendo que o internauta poida perderse polos camiños do bosque.” (José Carlos Bermejo Barrera: Os señores da mentira. Política e cultura en Galicia / VII. A consagración da mentira, 2012)

“O crítico Andrés Castro convida os internautas a participar nun concurso a través do que se escollerá o filme do que fará a crítica no semanario Sermos Galiza.” (C.V.: Nós Diario, 25-11-2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.