Acción e efecto de interpretar
Etimoloxía
Vocábulo derivado do latino interpretatio ‘explicación’.
Exemplos *
“Ao desfacerse o trío, a interpretación musical perdeu interese e tamén a conversa.” (Francisco Galván: As crendas de San Porfirio. Diario terapéutico dun esquizofrénico, 2012)
"Son pezas indispensables da historia de Galicia colocadas nunha interpretación de Patricia de Lorenzo que axita tan forte a risa como o desacougo.” (David Lombao: Praza, 13-12-2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.