Representar ou executar de maneira persoal un papel dramático ou unha peza musical
Etimoloxía
Voz que procede da latina interpretāri ‘explicar’, ‘traducir’ ou ‘avaliar’.
Exemplos *
“...non só demostrar que estes dous actores son capaces de interpretar papeis que poñen os pelos de punta, e aquí refírome a un estratosférico Steve Carell, senón tamén en facer unha historia interesante contando pouco.” (Brais Romero: Disquecool. O medio de tendencias made in Galicia, 2-2015)
“Non podo deixar o meu proxecto teatral de anos: unha compañía a pleno funcionamento, cunha obra nova a piques de estrear e unha xira case apalabrada... Ademais, non me interesa interpretar ese tipo de personaxes falsas e intranscendentes.” (Eduardo Alonso: Teatro imprevisto, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.