intérprete

Persoa que interpreta un papel dramático ou unha peza musical

Etimoloxía

Derivado do latín interpretis que significa ‘axudante, mensaxeiro, o que explica’

Exemplos *

“A intérprete galega recibiu o galardón pola súa actuación en "Abrígate" de Ramón Costafreda (...)” (Albino Mallo: Galicia Hoxe, 31-03-2007)

“O filme ten un elenco que inclúe intérpretes relacionados con series de éxito (...)” (Xabier Sanmartín: Galicia Hoxe, 15-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.