Elector designado oficialmente por un candidato para vixiar a regularidade da votación e dar validez ao resultado, xunto cos demais compoñentes da mesa.
Etimoloxía
Procede do latín interventor, oris ‘o que dá fe’, formado sobre o verbo intervenire ‘intervir’.
Exemplos *
"Cando foron as eleccións da Fronte Popular, actuou como activista en prol desta e foi interventor nunha mesa electoral de Vilamartín." (Santiago Álvarez: Memoria da guerrilla)
“… gañamos porque os parlamentarios de todos os países, chamados pola oposición chilena, estivemos coma unha especie de interventores en todos os colexios…” (Suso de Toro: Camilo Nogueira e outras voces)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.