interxeracional

Relativo ou pertencente a dúas ou máis xeracións

Etimoloxía

Palabra formada mediante a incorporación dun prefixo e un sufixo sobre a voz “xeración” que vén do latín generatio, -ōnis de significado semellante.

Exemplos *

“O Consello non ten que facer a programación cultural do país, nin moitísimo menos, pero si ten que alertar sobre a necesidade de que chegue a todas as persoas. O acceso á cultura ten que ser interxeracional.” (María Obelleiro: Sermos Galiza [entrevista], 11-4-2019)

“Pero si podo dicir que é unha etapa que me resulta interesante e estimulante. Moi plural en canto a estilos e cunha convivencia interxeracional moi rica.” (Manuel Vidal: Galicia Hoxe [entrevista], 29-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.