Acción e efecto de intimidar
Etimoloxía
Palabra derivada sobre a base “intimidar” proveniente do latín medieval intimido con significado semellante e o sufixo –ción, que forma substantivos abstractos.
Exemplos *
“O déficit democrático ía en aumento e o sistema represivo, a intimidación e a ameaza complementaban necesariamente a estrutura estatal-administrativa e política.” (Xulio Ríos: ¿Que foi daquel soño?, 1992)
“A outra noite, cando Lobo perfeccionaba as manobras de intimidación e melloraba a súa natural condición de proscrito, (...), atopou dous rapaces de aparencia nórdica, un tanto descoidados.” (Fernando Díaz-Castroverde: Microbios e outros paquidermos / Con fusión, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.