intimidar

Inspirar temor a [alguén] // Sentir medo, temor

Etimoloxía

Palabra que remite ao verbo latino timere, mais desde a forma do latín medieval intimidare ‘meter medo’.

Exemplos *

“E o que son as cousas, que todo iso non llo deu sacado da cabeza nin frei Amaro Santos Cormes, que tamén é de darlle de comer á parte cos métodos que ten para asustar e intimidar.” (Inma López Silva: Concubinas, 2002)

“A catapulta (...) servían para intimidar o inimigo. Os romanos fixeron grandes acuedutos (construcións para levar auga) e grandes obras públicas, e entre elas, as catapultas.” (Alfonso Álvarez Cáccamo: Catapulta, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.