intimista

Que cultiva o intimismo // Relativo ou pertencente ao intimismo

Etimoloxía

Vocábulo que se forma co sufixo –ista que se lle aplica a “íntimo” que vén do latín intimus,-a, -um ‘o máis recóndito’.

Exemplos *

“Manuel Curros Enríquez homenaxéao no Divino Sainete (1888), situándoo á fronte da Santa Compaña, que á vez nos lembra a Alba de Gloria de Castelao. Añón leva xa a forza do seu verso no apelido que son letras de ouro para Serra de Outes. Unha poesía costumista pero tamén patriótica, intimista pero tamén revolucionaria.” (Xurxo Martínez González: A Voz de Vilalba, 8-2012)

“O tratamento crítico da paisaxe en Rosalía tendeu a salientar máis a relación coa dimensión intimista, coa vivencia psicolóxica, que coa dimensión social e ideolóxica.” (María López Sández: Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.