íntimo -a

Que existe no máis profundo e interno dunha persoa.

Etimoloxía

O latín intimus, -a, -um, do que procede, cualificaba aquilo máis oculto ou secreto, o que está máis no interior.

Exemplos *

"… desdobramento ou -dito doutro xeito- as formas da apóstrofe lírica nas que o "ti" (receptor representado) é un correlato do eu. Tal se dá na actitude do diálogo interior […] que Rosalía emprega nunha composición do libro II (¿Do íntimo!)" (Arcadio López Casanova: A modernidade poética en Rosalía: unha interpretación, discruso de ingreso na Real Academia Galega)

"A lingua non é un problema, é un ben común, algo do que nos temos que sentir orgullosos porque nos define como pobo e como persoas, dende o máis íntimo ata o colectivo" (Pedro Rielo: Galicia Hoxe 17-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.