Que está ligado a alguén por fortes lazos de amizade.
Etimoloxía
Tomouse do latín intimus, -a, -um 'o que está máis no interior', derivado de intimare 'levar dentro'.
Exemplos *
"… disque para os amigos máis íntimos ten preparada unha sorpresa, que non che sei que poderá ser." (Francisco Alonso: Trailer)
"… a nai era galega, da mesma vila natal que a directora da academia e de aí a vella e íntima amizade …" (Xosé Ramón Pena: A era de Acuario)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.