intraducible

Que non se pode traducir

Etimoloxía

Vocábulo que deriva do verbo “traducir” que vén do latín traducere ‘facer pasar dun lugar a outro’ empregando o prefixo "in-" e o sufixo "-ble".

Exemplos *

“As palabras menten, os pensamentos son intraducibles e inapreixables, pasan pola túa cabeza un detrás doutro en asociacións sen fin, non hai semáforo que os deteña.” (Xosé Manuel Martínez Oca: Como paxaro caído do niño, 2006)

“E aínda que pensamos que será posible a comunicación básica mediante tecnoloxía, seguirá sendo central no noso mundo o saber estruturar unha linguaxe e traducilo ben... A ironía ou os contextos, por exemplo, son parte esencial da lingua e iso é intraducible", conclúe Isaac González.” (Alberto Quian: GCiencia. O portal da ciencia galega, 6-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.