invención

Acción e efecto de inventar

Etimoloxía

Vén desde o latín inventio ‘descuberta’.

Exemplos *

“Os rexistros escritos comezan cos exipcios e cos gregos, ata os nosos días. Música sonora a partir da invención do fonógrafo , en 1877.” (Mónica Groba Lorenzo: Introdución á linguaxe musical, 2006)

“Atribúese a Marconi , sobre 1896, a invención dun dispositivo de comunicación a distancia que non precisaba fío de transmisión, ao que chamou radiotelégrafo.” (Rafael C. Sisto Edreira: Historia da física na Universidade de Santiago de Compostela, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.