invernada

Tempo cru e rigoroso que dura varios días, xeralmente no inverno

Etimoloxía

Palabra que remite a “inverno” que procede da expresión latina tempus hibernum que significaba ‘estación invernal’.

Exemplos *

“Na invernada gosta de escoitar o repenique da chuvia, a forza do ballón.” (Xosé Vázquez Pintor: Mar de bronce, 2003)

“(...) na vella casa paternal de escalinatas e saíntes beirados onde se acubillaban as pombas, sentada á mesa antiga que fixera papá no alpendre en inhóspitos días de invernada.” (Antón Castro: Vida e morte das baleas, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí