Tempo cru e rigoroso que dura varios días, xeralmente no inverno
Etimoloxía
Termo derivado sobre o vocábulo “inverno” que vén do latín hibernu que formaba parte da frase [tempus] hibernus ‘tempo invernal’.
Exemplos *
“Non era un sitio agradable nin desagradable, tan só un espazo para sobrevivir durante os nove meses do curso escolar. Se non me engano, era día de inverneira, chovía, os zapatos viñan cheos de lama e as amígdalas convertéranse nunha barreira inflamada.” (Xurxo Sierra Veloso: Os fíos, 2016)
“Deron as sete, dunha mañá inverneira, de tempo en tempo arrecachaba o día e un lampo de sol endebriño, pro festexeiro.” (Francisca Herrera Garrido: Néveda, 1981)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


