invernía

Tempo cru e rigoroso que dura varios días, xeralmente no inverno

Etimoloxía

Vocábulo que se forma desde o termo “inverno” que procede do latín hibernum de significado semellante.

Exemplos *

“Era unha vella capela. A última herdeira daquela casa dos Puga doárallela aos veciños da aldea había máis dun século para que non tivesen que ir á misa á parroquia nos duros días da invernía.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)

“Na casa da xente (...) no baixo estaba a taberna e a lareira. Era onde durmían os ambulantes a faceren noite. A porta desta primeira era xusta de ancho, por mor de que non entrase a invernía.” (Ramón Caride: Terra queimada, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.