Estación máis fría das catro que ten o ano e que, no hemisferio norte, vai do 22 ou 23 de decembro ao 20 ou 21 de marzo
Etimoloxía
Voz que nos chega desde a latina hibernu, que remite á locución tempus hibernus ‘tempo invernal’.
Exemplos *
“O inverno levou os paseos amables, e a humidade inundouno todo. A actividade febril nos arredores do mosteiro pareceu adormecer, e cada cal buscou o seu propio refuxio xunto ó lume e ós caldos quentes.” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2021)
“Antía decatárase de que para ser xornalista era condición obrigada ter opinión sobre todo e poñer sempre algún pero. Naquel xoves tocaba criticar a teima do xefe por converter en noticia a calor do verán e o frío do inverno.” (Sara Alonso Vila: Oito días sen Eva Cortés, 2021)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.